martes, 4 de febrero de 2014

"Efermidades aparato respiratorio"

Pneumonías
Que é?

É a infección do parénquima pulmonar por diferentes axentes infecciosos (bacterias, virus, fungos e parasitos). A idade é o primeiro factor epidemiolóxico a ter en conta ante unha pneumonía, xa que cada grupo de idade se relaciona cuns microorganismos concretos.
Como se produce

Existen varios mecanismos de entrada dos axentes infecciosos:

Por microaspiración broncopulmonar a partir das secrecións orofaríngeas: é o mecanismo máis frecuente na produción de pneumonías

Por inhalación dende o aire de aerosois contaminados (mecanismo máis frecuente de pneumonías víricas, por Coxiella, Legionella, Micoplasma ou Chlamiydia)

Por diseminación sanguínea (pneumonía por Stapilococcus en adictos a drogas por vía parenteral)

Por contigüidade, a partir de infeccións de estruturas ou órganos próximos ao pulmón dende o exterior, a partir de feridas ou tras cirurxía (excepcional)

En todos estes casos prodúcese unha alteración dos mecanismos de defensa pulmonares, así como unha presenza excesiva de microbios que superan estes mecanismos.

"Enfermidades do aparato respiratorio"

Tuberculose pulmonar
Que é?

A tuberculose (Tbc) é unha enfermidade infecciosa crónica causada habitualmente por un bacilo chamado Mycobacterium tuberculososis (en moi poucas ocasións por M. Bovis). A afectación pulmonar representa o 90% de todas as formas de presentación da enfermidade.

Un terzo da poboación mundial, uns 1800 millóns de persoas, están infectadas polo bacilo da tuberculose, dos cales, 30 millóns sofren a enfermidade. Existe unha clara relación entre tuberculose e pobreza, sendo considerada a enfermidade como unha das causas de morte evitable nos países pobres, onde só un cuarto das comparezas enfermas recibe o tratamento.

Existen programas específicos de detección e tratamento tanto a nivel internacional- levados a cabo pola OMS- como a nivel nacional, que insisten na necesidade de creación de unidades especiais que garantan o tratamento, control e estudo dos contactos dos pacientes, dado que é necesario o cumprimento terapéutico para conseguir a curación.
Como se produce

A forma de contaxio da enfermidade é case sempre por vía inhalatoria (excepcionalmente por vía dixestiva ou cutánea).

A falta de ventilación e o amoreamento favorecen o contaxio, e este aumenta en persoas que conviven no mesmo cuarto, sendo excepcional o contaxio a través dun contacto esporádico.

Unha vez producido o contaxio, o bacilo da tuberculose pode permanecer en estado latente (durmido) ou producir a enfermidade. A maioría dos casos de tuberculose clínica acontece meses ou anos despois da infección. A diminución das defensas inmunolóxicas poden reactivar unha tuberculose que se achaba en estado latente, sendo a afectación pulmonar a máis frecuente.

É por este motivo, que aumentan os casos entre a poboación HIV (SIDA), constituíndo un criterio de diagnóstico de sida, e é, así mesmo, a enfermidade oportunista máis frecuente nas persoas afectadas do virus do HIV.

"Enfermidades do aparato respiratorio"

Cancro de pulmón
Que é?

O cancro de pulmón representa a primeira causa de morte por cancro. Cando se diagnostican, o 50% dos cancros son metastásicos, e só o 20% están localizados. Aínda así, nestes últimos, a supervivencia para ambos os dous sexos é dun 40% aos 5 anos.

Cabe destacar que o 90% son tumores malignos.

En función das características das células que orixinan o tumor, clasifícanse en diferentes tipos, que son, en orde de frecuencia:

Carcinoma escamoso

Adenocarcinoma

Carcinoma de células pequenas

Carcinoma de células grandes

O carcinoma epidermoide e o carcinoma de células pequenas adoitan presentarse como masa central mentres que o adenocarcinoma e o carcinoma de células grandes adoitan facelo como unha masa ou un nódulo periférico.

O adenocarcinoma tamén pode asentarse sobre cicatrices pulmonares e é o que menos relación ten co tabaco.

O carcinoma de células pequenas é o de peor prognóstico.
Como se produce

O tabaco é o factor máis importante para desenvolver un cancro de pulmón.

Un fumador de 20-25 cig/día ten un risco 20 veces maior de sufrir un cancro de pulmón que unha persoa non fumadora.

Na Enquisa Nacional de Saúde 2003 en España, a última publicada, un 30,97% da poboación entre 15 e 64 anos é fumadora (37,56% en homes e 24,7% en mulleres). De forma aproximada, 1 de cada 3 persoas é fumadora.

O consumo de tabaco reduce a esperanza de vida nuns 10 anos.

Do mesmo xeito que o tabaco é o factor máis importante para desenvolver un cancro de pulmón, estableceuse tamén a relación entre o tabaco e moitas outras enfermidades como: neoplasias malignas (orofarinxe, larinxe, vexiga, esófago, ril, páncreas e cérvix), enfermidade cardiovascular, úlcera gastroduodenal, aumento do risco de embarazo extrauterino e diminución da fertilidade, así como o envellecemento cutáneo prematuro.

Ao deixar de fumar diminúese o risco de desenvolver un cancro de pulmón, aproximándose o risco aos 15 anos do abandono do tabaco ao dos non fumadores, pero nunca se chega a igualar.

Hoxe en día, a única prevención para o cancro de pulmón é o abandono do tabaco.

miércoles, 22 de enero de 2014

"Exercicio de clase"

*Somos a única especies animal capaz de vocalizar sons. Investiga que órganos do noso corpo interveñen na emisión de sons.

·Órganos de respiración (cavidades infraglóticas: pulmóns, bronquios e traquea). 
·Órganos de fonación (cavidades glóticas: larinxe, cordas vocaise resoadores -nasal, bucal e farínxeo)
·Órganos de articulación (cavidades supraglóticas: padal, lengua,dientes, labios e glote).

"Exercicio de clase"

 *¿Por que a traquea posúe aneis cartilaxinosos?¿De qué nos protexe?

 ·Porque si no se cerraría y no podría pasar el aire. Protéxenos de que a tráquea non se expanda nin ccomprima cando ocorre un cambio de presión mentras aspiras e expiras. 

"Exercicio de clase"

*¿Que músculos interveñen na respiración?¿ue movementos realizan na inspiración e na expiración?

·O diafragma,os músculus intercostais,e os rectos abdominais.
·Inspiración:Aumento da caixa torácica. Espiración:Diminución da caixa torácica.

martes, 21 de enero de 2014

"Exercicio de clase"

*¿Por que consideramos que o osíxeno é un nutriente para o noso corpo?

·O osíxeno é utilizado polas células para realizar a respiración celular, e deste xeito obter a enerxía necesaria para o funcionamento celular.